features icon

Comunicar erros

Se atopas unha incidencia traballando con QGIS, por favor

así os desenvolvedores poden comprobalo e amañalo.


Participa nas Canles de Asistencia

Hai varias

podes obter axuda doutros usuarios e desenvolvedores, ou para manterse ó día dos acontecementos actuais do proxecto. Convidámosche a que te subscribas a calquera das listaxes. Lembra contribuír á listaxe respondendo preguntas e compartindo as túas experiencias. Tamén fornecemos unha páxina web para buscar os arquivos da lista de correo. Para a listaxe completa ollar

participate icon

translate bubbles icon

Crear documentación para QGIS

O proxecto QGIS anima a proporcionar documentación clara acerca da Guía de usuario, conceptos de SIX así como do material de formación. Redactar documentación ofréceche unha plataforma ideal para a túa primeira achega ó proxecto. Se queres unirte ó traballo de documentación, podes atopar unha amable introdución e unhas pautas aquí:


Traduce QGIS

O proxecto QGIS prové unha introdución afable ós SIX, unha guía de Usuario, unha guía de Código e Compilación e Documentación da API en inglés e nalgúns casos traducida a diferentes linguas. Se estás interesado en implicarte na documentación, por exemplo traducindo o manual do inglés a outra lingua, aprende de que xeito podes comezar aquí:

translate bubbles icon

plugins puzzle icon

Desenvolve un Plugin

Queres escribi-lo teu propio plugin Python? Mira isto: Desenvolvemento de plugins Python

Queres desenvolver un plugin C++? Mira isto: Desenvolvemento de plugins CPP.

Existe unha ampla variedade de plugins para QGIS vía Portal web de Plugins de QGIS.


Programa o Núcleo de QGIS

O Núcleo do QGIS consiste por unha banda nas librarías que che permiten construír unha aplicación adaptada e personalizada fornecida por unha poderosa API. Noutra banda consiste nunha aplicación de escritorio e servidor que expón as posibilidades fornecidas polas librarías, amosando unha interface de usuario amigable.

core gears icon