Guía de Estilo Visual

Versión 1.0

Esta é a Guía de Estilo Visual de QGIS. Este documento define os estándares para a utilización da nosa identidade visual. Propón unha modernización da marca QGIS para facela máis forte, máis visible e máis adaptable para un amplo abano de casos de uso.

A Guía de Estilo Visual é un documento vivo, iniciado co obxectivo de desenvolver unha mensaxe e unha imaxe consistentes para QGIS. É un documento «vivo» porque agardamos amplialo a medida que abarcamos máis casos de uso nos que a consistencia visual é importante e pode, ademais, describirse utilizando regras máis sinxelas. Os estándares e as políticas sinxelas aquí descritas están deseñadas para manter a uniformidade de presentación necesaria para o éxito dos esforzos de promoción e mercadotecnia para o proxecto QGIS.

A nosa identidade visual simboliza a forza, promesa de calidade e competencia de QGIS. O tratamento axeitado do logotipo, fonte e cores asegura que QGIS será recoñecido e destacado no medio do barullo de comunicacións. Os estándares gráficos son a expresión visual de QGIS e deben servir como base para a estratexia de comunicacións global.

Esta primeira versión da Guía de Estilo Gráfico perfila os elementos centrais do novo logotipo de QGIS. Futuras versións centraranse nos valores da marca e como difundir a marca QGIS a través da rede, dispositivos móbiles e materiais impresos.

Logotipo

Orixinal

../../_images/main_logo.png ../../_images/main_logo_monochrome.png

Baixar ficheiro do logotipo

Logotipo SVG

Logotipo PNG

Logotipo monocromo SVG

Logotipo monocromo PNG

Preséntase aquí o novo logotipo de QGIS. Mantendo os elementos centrais no logotipo orixinal de QGIS (a letra Q cunha frecha atravesándoa), esta nova versión tenta ser nítida e escalable, presentando formas máis sinxelas e atrevidas.

Enuméranse debaixo os cambios propostos.

  • Consérvase o espírito existente, pero o logotipo é en negriña

  • Sombras eliminadas

  • O Q vai en sans-serif

  • A frecha pasa a ser parte da letra Q

  • O texto do logotipo de QGIS baséase na fonte libre Trueno Bold.

Mínimo

../../_images/minimal.png

Baixar logotipo mínimo

SVG 128px SVG 64px SVG 32px

PNG 128px PNG 64px PNG 32px

../../_images/minimal_black.png

Baixar logotipo mínimo en negro

SVG negro 128px SVG negro 64px SVG negro 32px

PNG negro 128px PNG negro 64px PNG negro 32px

../../_images/minimal_green.png

Baixar logotipo mínimo en verde

SVG verde 128px SVG verde 64px SVG verde 32px

PNG verde 128px PNG verde 64px PNG verde 32px

../../_images/minimal_white.png

Baixar logotipo mínimo en branco

SVG branco 128px SVG branco 64px SVG branco 32px

PNG branco 128px PNG branco 64px PNG branco 32px

Tipografía

Fontes Trueno

Trueno é unha fonte serif da Biblioteca de Fontes. Para integrala, por favor, utilice <link rel="stylesheet" media="screen" href="https://fontlibrary.org/face/trueno" type="text/css"/> na cabeceira da páxina

Nome

Familia da fonte

Trueno Ultra fina

“TruenoUltraLight”

Trueno Normal

“TruenoRegular”

Trueno Negriña

“TruenoBold”

Cor

Cores primarias

Verde Escuro

../../_images/dark_green.png

HEX: #589632

RGB: 88, 150, 50

CMYK: 70.53, 18.84, 100, 3.7

A cor Verde Escura de QGIS para utilizar para cada elemento do logotipo na versión monocromo. Tamén pode utilizarse como fondo, encabezamento primario ou cor do texto.

Verde Claro

../../_images/light_green.png

HEX: #93b023

RGB: 147, 176, 35

CMYK: 50.62, 12.6, 100, 0.86

A cor Verde Clara de QGIS para utilizar para contidos de menor importancia. Pode utilizarse como fondo secundario, texto ou cores de ligazóns.

O gradiente

../../_images/gradient.png

As dúas cores primarias utilízanse como un gradiente linear vertical no logotipo e este gradiente pode utilizarse como fondo de páxinas web e materiais impresos

Paleta de Cor

../../_images/dark_green_palette.png ../../_images/light_green_palette.png

Cores secundarias

Limón

../../_images/lemon.png

HEX: #f0e64a

RGB: 240, 230, 74

CMYK: 11, 0, 79, 0

Laranxa

../../_images/orange.png

HEX: #ee7913

RGB: 238, 121, 19

CMYK: 0, 62, 96, 0

As cores Limón e Laranxa de QGIS para utilizar para as énfases e chamadas de atención

Paleta de Cor

../../_images/lemon_palette.png ../../_images/orange_palette.png