Listaxes de correo

Comunicámonos nas listaxes de correo divididas por temas e grupos obxectivo. Anímate a subscribirche a calquera destas listaxes. Lembra colaborar coa listaxe respondendo preguntas e compartindo as túas experiencias.

Non empregues estas listaxes para publicitar os teus servizos ou cursos de formación. Emprega as listaxes do grupo local de usuarios para informar á comunidade local das ofertas de formación.

Listaxe de Usuarios do QGIS

A listaxe principal para cuestións dos usuarios: empregada para debates do QGIS en xeral, así como cuestións específicas respecto da súa instalación e emprego.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-user

Listaxe de Desenvolvedores do QGIS

A listaxe principal para cuestións acerca do desenvolvemento do núcleo do QGIS ou de plugins. Podes debater acerca do código, proceso de construción, poñer en coñecemento, recoller e debater experiencias de usuario (UX) / incidencias de utilización relacionadas con QGIS.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-developer

Equipo da Comunidade de QGIS

Esta listaxe trata de temas coma documentación, guía de usuario, sitios web, blogue, listaxes de correo, foros e esforzos de tradución. Se queres traballar tamén na guía de usuario, esta listaxe é un bo punto de inicio para consultar as túas cuestións.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-community-team

Traducións de QGIS

Esta listaxe trata dos esforzos de tradución. Se queres traballar na tradución do sitio web, os manuais ou a interface gráfica de usuario (GUI) este é un bo punto de inicio para consultar as túas cuestións.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-tr

Listaxe do Comité de Dirección do Proxecto QGIS (PSC)

Esta lista emprégase para debater os temas do Comité de Dirección relacionados coa xestión global e a dirección de QGIS.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-psc

Cliente Web 2 de QGIS

Esta listaxe emprégase para obter axuda para configurar o Cliente Web 2 do QGIS (QWC2) e discutir o futuro desenvolvemento de QWC2.

http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/qgis-qwc2