QGIS é un amigable Sistema de Información Xeográfica (SIX) de Código Aberto baixo licenza GNU General Public License. QGIS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). Funciona baixo Linux, Unix, Mac OSX, Windows e Android e admite numerosos formatos e funcionalidades vectoriais, ráster e de bases de datos.
O noso último lanzamento é QGIS 3.32
O QGIS é un proxecto conducido por voluntarios. Agradecemos calquera contribución en forma de achegas de código, arranxos do código, informes de erros, documentación aportada, aconsellando e apoiando a outros usuarios nas listaxes de correo e en gis.stackexchange.com. Se estás interesado en apoiar activamente o proxecto, podes atopar máis información baixo o menú de desenvolvemento na Wiki do QGIS.
O QGIS fornece un número continuo de capacidades en crecemento fornecidas polas funcións de base e polos plugins. Podes ollar, xestionar, editar, analizar datos e deseñar mapas para imprimir. Obtén unha primeira impresión cunha listaxe máis detallada de funcións.
Para ver QGIS en acción, mira, baseadas na comunidade, as
Tamén recollemos estudos de casos de como a xente de todo o mundo utiliza QGIS para os seu traballos de SIX.
Agradecemos as contribucións financeiras en forma de membros sustentadores e doazóns.
Plantexa empregar o QGIS na súa empresa ou organización, pero dubida sobre se hai asistencia comercial dispoñible? Velaquí ten unha listaxe alfabética, dividida en categorías, de fornecedores de asistencia.