Grupo de Traballo das Paisaxes Históricas de Burgundy

Un grupo interdisciplinar de investigadores con base na Universidade e Carolina do Norte estivo traballando na rexión francesa de Burgundy cerca de 30 anos. Tentamos entender os patróns cambiantes dos asentamentos humanos e o uso da terra nun período de 2.000 anos dende a Idade de Ferro, Galo-Romana, período Medieval ata o presente. O proxecto incluíu investigadores dunha ampla variedade de disciplinas, e parte do proxecto inclúe como conducir estas actividades de investigación interdisciplinarias de longa duración. SIX, GPS e teledetección foron parte integral do noso traballo, e a base de datos SIX foi creada por primeira vez en 1986, a cal foi unha das primeiras aplicacións arqueolóxicas. Fixemos investigación arqueolóxica, histórica, xeolóxica, ecolóxica e etnográfica na área arredor da comuna de Uxeau, no sur de Burgundy, a cal é unha paisaxe rica e resistente que mantivo a súa produtividade e estabilidade durante un período extenso.

Área de investigación so Sur de Burgundy, Francia. Esta investigación fíxose dentro e nos arredores da comuna de Uxeau, amosada no centro dereita.

Área de investigación so Sur de Burgundy, Francia. Esta investigación fíxose dentro e nos arredores da comuna de Uxeau, amosada no centro dereita.

O noso Proxecto e como QGIS é utilizado

A nosa pescuda, organizada polo marco teórico de Ecoloxía Histórica, céntrase na interacción da poboación, as súas sociedades, medios naturais e artificiais, e como estes mudaron ó longo do tempo. Utilizando unha colección de mapas históricos da área que se remontan a 1659, escaneamos, dixitalizamos e con extracción de entidades para un total de 21 mapas no nosa base de datos do amplo proxecto SIX. As entidades da base de datos inclúen cobertura do terreo (bosques, viñedos, pastos e terreos de cultivo), pozas e regatos, muíños, estradas e edificios dende datas distintas, cando é posible. Tamén temos datos de parcelas de catastro dende 1834, 1964 e 2012, o cal nos dá datos detallados nos patróns de mudanza dun uso do terreo detallado para a comuna de Uxeau (ver localización na Figura 1). O noso proxecto é interdisciplinar, e levamos a cabo amplos traballos de campo, historia oral e entrevistas etnográficas, investigación documental en varios arquivos e librerías, e unha análise xeolóxica e ecolóxica (ver Figura 3).

Unha función importante desta paisaxe é a auga, e iso é un dos focos da pescuda actual. A área está entrelazada con correntes que foron condenadas a formar lagoas, moitas remóntanse polo menos até a idade media. A creación e o mantemento destas lagoas cos seus encoros de terra precisaron unha grande morea de man de obra e gastos. A nosa pescuda amosou que estas lagoas feitas polas persoas se empregaron para auga para o gando, criar peixes para consumo doméstico e para venda, lavar a roupa, remollo de cáñamo para o procesamento, e para lecer. Unha das funcións máis importantes das lagoas no pasado foi facer funcionar os muíños, principalmente para a moenda do gran, pero tamén para o prensado do aceite e o corte de madeira. Moitos destes muíños desapareceron e moitos dos edificios dos muíños resistentes están en perigo debido a neglixencias ou remodelacións. O noso recente estudo de campo de lagoas e lugares de muíños identificados dende os mapas históricos deseñouse para documentar as lagoas restantes e os lugares dos muíños, verificar os datos históricos, probar novas tecnoloxías SIX e GPS, e entender mellor as condicións e as funcións cambiantes destas entidades na economía actual.

Os nosos estudos de campo incluíron avaliación, captura en vídeo e fotografía destes sitios, verificación das súas posicións tomando puntos GPS, mediante o uso do noso GPS Garmin, para aliñar os mapas históricos coa paisaxe actual (ver Figura 2). Levamos a cabo entrevistas con algúns dos actuais propietarios de estanques e muíños. O noso traballo documentou 52 estanques e 27 muíños na rexión.

Os datos e tipos de análises que estamos a usar actualmente para estudar esta paisaxe complexa inclúe unha serie de mapas que abranguen datas dende 1759 a 2012, os cales están integrados coa nosa gran base de datos SIX, rexistros históricos tales como rexistros de impostos catastrais, informes de agricultura e datos de poboación dende censos e rexistros civís/parroquiais, datos ambientais de pozas (pole, xeoquímica de sedimentos, tamaño de gran, isótopos estables) ata entrevistas orais histórico-etnográficas cos habitantes rurais locais.

Unha vista do noso proxecto de base de datos QGIS. Á dereita está a foto de terreo GPS eVis e datos dunha poza recentemente drenada que data polo menos de 1834. Na imaxe SIX do centro superior podes ver a localización da poza coma un punto amarelo. Os puntos vermellos amosan outras fotos de terreo eVis de muíños e outros lugares históricos ou arqueolóxicos.

Unha vista do noso proxecto de base de datos QGIS. Á dereita está a foto de terreo GPS eVis e datos dunha poza recentemente drenada que data polo menos de 1834. Na imaxe SIX do centro superior podes ver a localización da poza coma un punto amarelo. Os puntos vermellos amosan outras fotos de terreo eVis de muíños e outros lugares históricos ou arqueolóxicos.

Conclusión

O noso proxecto comezou empregando o GRASS no 1986, e prosegueu empregándoo, así como o comercial ArcGIS e unha variedade doutras ferramentas tales coma o Photoshop, o Garmin’s o BaseCamp, o eVis e outros. Con moitos contribuíntes e varias institucións non EEUU e Europa, e estudantes de graduado indo e vindo, empregar ferramentas de código libre e de balde tiña moito sentido. Achamos que a combinación do QGIS e o GRASS fornece capacidade de análise de datos e visualización, facilidade de uso, interoperabilidade, e portabilidade para o noso proxecto. Os arqueólogos tiveron unha forte presenza nas comunidades do GRASS e de código aberto durante moitos anos, e contribuíron moito a este importante esforzo, desenvolvendo e compartindo moitas prestacións. Eu mesmo participei en varios cursos curtos de 4 días do QGIS/GRASS/R en Francia ó longo de varios anos, compartindo estas ferramentas con moitos arqueólogos por toda Francia.

A nosa pescuda continuará a explorar a historia a longo prazo das relacións dos habitantes coa paisaxe e estenderemos o noso traballo máis aló do foco actual en muíños e pozas para incluír patróns de mudanza en bosques, pastos e prados, terras de cultivo e antigos viñedos na área.

Dende arriba á esquerda en sentido horario: Algún do gando local de Charolais, facendo entrevistas etnográficas con granxeiros locais, un mapa SIX amosando as mudanzas no bosque dende 1759 a 1983, e un libro dos rexistros de impostos catastrais de 1791 de Uxeau. No centro hai un mapa en cor de 1759 de Cassini da área.

Dende arriba á esquerda en sentido horario: Algún do gando local de Charolais, facendo entrevistas etnográficas con granxeiros locais, un mapa SIX amosando as mudanzas no bosque dende 1759 a 1983, e un libro dos rexistros de impostos catastrais de 1791 de Uxeau. No centro hai un mapa en cor de 1759 de Cassini da área.

Contacto

Autores

Jones, Tickner e Madry facendo o traballo de campo

Jones, Tickner e Madry facendo o traballo de campo

Este artigo entregouse en agosto de 2013 polo Dr. Scott Madry. El é un profesor asociado á investigación no Curriculum de Arqueoloxía na Universidade de Carolina do Norte nos Laboratorios de Investigación de Arqueoloxía de Chapel Hill’s. El está na facultade da Universidade Internacional do Espazo en Estrasburgo, Francia, e é un investigador asociado do Laboratoire Archéologie et Territoires de l’UMR 7324 CITERES, Universidade François-Rabelais/CNRS. Este proxecto de investigación lévase a cabo en colaboración coa Dra. Elizabeth A. Jones, antropóloga histórica (UNC), Dra. Amanda B. Tickner, paleoetnobotánica (UNC) e o Dr. D. Seth Murray, etnógrafo e historiador oral (NCSU).