Creando o Mapa da Ruta da Senda de Fundy con QGIS

Fundy Path

A Senda de Fundy é unha ruta de excursionismo salvaxe situada ó longo da costa de Fundy de New Brunswick, Canadá. É membro fundador da Reserva da Biosfera de Fundy da UNESCO e afiliado coa NB Trails Council Inc. e a Ruta Trans Canadá. A Senda leva ós excursionistas a través do Bosque Acadio costeiro, fogar da maiores mareas do mundo, bosques antigos, e varios tipos de fauna e flora raras e únicas.

A ruta creouse, mantense e promóvese por un grupo de voluntarios coñecidos como a Fundy Hiking Trail Association Inc. (FHTA)(1975). Como organización sen ánimo de lucro a FHTA acada os fondos para as súas actividades a través da venda de guías que inclúen un mapa da ruta. En 2011 cheguei á FHTA como voluntario para actualizar o mapa oficial da ruta. Como voluntario crear un mapa para unha organización sen ánimo de lucro QGIS cabe a conta tanto como unha ferramenta de edición de datos como para un deseño do mapa final. A través destes esforzos propios e dos membros do FHTA o novo mapa oficial da Senda de Fundy incluído coa guía creouse dende o inicio ata o final con QGIS.

Plugin de Ferramentas do GPS de QGIS para captura de datos

Plugin de Ferramentas do GPS de QGIS para captura de datos

O Proxecto

O proceso de crear o novo mapa da Senda de Fundy con QGIS pode descompoñerse en tres partes diferentes:

  • Captura de datos.

  • Edición de datos e preparación.

  • Produción de mapas.

Os datos capturáronse tanto con unidades de GPS de man como dende varias fontes de datos libres. Datos da ruta (por exemplo liña central da ruta, situacións dos campamentos, pasos de marea) capturáronse cun Garmin GPSMap 60CSX. Estes datos pasáronse logo dende o GPS a formato shapefile en QGIS usando o plugin de GPS. Obtivéronse datos libres en formatos vectoriais da web da Natural Resources Canada (NRCan) CanVec e de Service New Brunswick (SNB) online.

Creación do mapa da senda en QGIS

Creación do mapa da senda en QGIS

Para prepara os datos para utilizar no produto do mapa final usáronse as seguintes ferramentas dentro de QGIS para completar tarefas específicas:

  • Os datos capturados con GPS pasáronse a limpo empregando a barra de ferramentas de edición.

  • Xuntáronse os datos vectoriais obtidos do NRCan e SNB, filtráronse e recortáronse para a área final do mapa usando ferramentas vectoriais.

  • Importouse un ficheiro separado por comas obtido do SNB a QGIS como unha capa de puntos usando o plugin Engadir Capa de Texto Delimitado, o plugin Interpolación empregouse para crear un ráster de elevación que se usou para crear un ráster de sombreado e unha capa de liñas de elevación co plugin de ferramentas ráster de GDAL.

Mapa da senda no Deseñador de Impresión

Mapa da senda no Deseñador de Impresión

Unha vez que se xuntaron nun formato utilizable os datos necesarios para crear o mapa comeza a creación do mapa final. Para crear o mapa de excursionismo simbolizáronse os datos e etiquetáronse co diálogo de propiedades de simbolización e etiquetáronse co moi funcional motor de etiquetado de QGIS. Unha vez que as etiquetas e a simbolización estiveron no seu lugar executouse a ferramenta do deseñador de mapas para crear o deseño. Foi moi fácil engadir elementos do mapa útiles como unha rosa dos ventos personalizada e un perfil de elevación no deseñador de impresión. Creáronse dous deseños porque ía ser un mapa de dobre cara. Unha vez que se crearon ámbolos deseños exportáronse a ficheiros PDF e enviáronse ás imprentas.

Conclusión

O mapa de excursionismo imprimiuse en papel impermeable resistente, dobrado e metido na traseira da nova edición da Guía de Excursionismo da Senda de Fundy. QGIS foi a mellor e máis funcional escolla para a creación deste mapa. Sendo software libre o prezo era correcto para que un voluntario creara un mapa para unha organización sen ánimo de lucro. Pero a vantaxe real de QGIS foi que tiña toda a funcionalidade e ferramentas necesarias para crear un altamente útil e detallado mapa de excursionismo dende o principio ó final. Quixera recomendar altamente QGIS tanto para usuarios experimentados como para os principiantes.

O mapa final da Senda de Fundy coa guía de acompañamento

O mapa final da Senda de Fundy coa guía de acompañamento

Autor

O mapa final da Senda de Fundy coa guía de acompañamento

Jarrett Totton

Este artigo foi entregado por Jarrett Totton en xaneiro de 2013. Jarrett é un tecnólogo SIX que vive en Alberta, Canadá.