Quantarctica: Un paquete SIX Antártico

Quantarctica é unha colección de conxuntos de datos xeográficos antárticos, tales coma mapas base, imaxes satélite, datos de glacioloxía e xeofísicos de centros de datos por todo o mundo, preparados para visualización en QGIS. O paquete é desenvolvido polo Instituto Polar Noruegués, como unha ferramenta para a comunidade investigadora, para aulas e para uso operacional na Antártida — dispoñible gratis para propósitos non comerciais.

Acerca do proxecto

Captura de pantalla de Quantarctica, amosando un dos conxuntos de datos de lagos subglaciais.

Captura de pantalla de Quantarctica, amosando un dos conxuntos de datos de lagos subglaciais.

Quantarctica (QGIS + Antártida) desenvolveuse primeiro para un uso caseiro no Instituto Polar Noruegués, como unha ferramenta para os nosos glaciólogos. Foi unha necesidade para un SIX completo de baixo ou sen custo con conxuntos de datos esenciais — listo para usar, fácil de usar, de ampla funcionalidade e con funcionalidades estando desconectado. QGIS semellaba ser unha escolla perfecta de SIX para os conxuntos de datos recollidos.

Quantarctica empregouse para examinar os datos xeográficos dende escalas continentais até escalas locais, para visualizar datos de proxectos científicos sobre mapas base ou sobre outros conxuntos de datos científicos e para preparar mapas para publicacións e propostas. Quantarctica demostrou até o momento ser unha grande ferramenta e unha moi boa alternativa e complemento para outros software empregado polos investigadores. Ten fornecido novas oportunidades para os nosos investigadores no seu traballo diario.

Quantarctica tamén é útil na navegación nas plataformas de xeo Antárticas grazas ás capacidades de trazado GPS dentro de QGIS.

Quantarctica tamén é útil na navegación nas plataformas de xeo Antárticas grazas ás capacidades de trazado GPS dentro de QGIS.

Dende o primeiro momento que Quantarctica entrou en uso polos glaciólogos hai tres anos, houbo varias peticións da comunidade investigadora fóra do instituto para compartir este produto e comezamos a desenvolver unha versión pública e mellorada para substituír a versión caseira. Continuando as probas de campo antárticas e engadindo conxuntos de datos relevantes, a versión 1.0 de Quantarctica completouse finalmente e púxose a disposición para descarga en xullo de 2013.

Quantarctica está a ser todo un esforzo para a comunidade. Con contribucións pretendemos ampliar, con datos doutras disciplinas tales coma a oceanografía, ciencias atmosféricas, xeoloxía e bioloxía, e agardamos e cremos que esta ferramenta pode ser útil para toda a comunidade antártica — coma un completo paquete SIX antártico.

Autores

Anders Skoglund e Kenichi Matsuoka

Anders Skoglund e Kenichi Matsuoka

Este artigo entregouse en agosto de 2013 por Anders Skoglund (esquerda), especialista SIX e Kenichi Matsuoka (dereita), glaciólogo, ámbolos do Instituto Polar Noruegués.