Utilizando QGIS para formación en fauna salvaxe en Tanzania

Introdución

Traballando no sur de Tanzania, o Proxecto do Elefante de Udzungwa (UEP) está a empregar QGIS para as súas formacións en investigación da fauna salvaxe e conservación. En febreiro de 2012, mantivo un obradoiro de dous días para o persoal de Ecoloxía e Protección (anti caza furtiva) do Parque Nacional Montañas e Udzungwa, xunto con membros do Centro de Seguimento en Ecoloxía de Udzungwa.

Acerca da Formación

Os aprendices empregaron os seus propios portátis e forneceuselles o instalador para QGIS 1.7.3 xunto con capas de datos clave que abarcan o Parque Nacional: límites de área protexida, mapas topográficos escaneados, un MDE, estradas, postos de gardas-forestais e tipos de hábitats.

QGIS Udzungwa

QGIS Udzungwa

Ó rematar os dous días, todo o mundo era capaz de engadir datos descargados do GPS, crear e editar novas capas, gardar proxectos de mapa, crear deseños de impresión, e gardar ficheiros gráficos para incluír en informes e presentacións — esta última capacidade é especialmente útil en usar os SIX para axudar no fluxo de traballo normal. Incluso durante o curso, o persoal do Parque Nacional estivo usando o SIX para ver as localizacións das novas situacións de cadáveres de elefante informadas — o resultado da caza furtiva — e para comezar a planificar as respostas.

QGIS ofrecía varios atractivos: non só é completamente gratis, senón que a súa natureza de código aberto fai que responda ás necesidades de desenvolvemento particular; funciona ben nos ordenadores máis vellos e ten un instalador relativamente pequeno; e en xeral atopámolo amigable para usuarios recentemente chegados ós SIX.

O Proxecto do Elefante de Udzungwa ten a súa base no Parque Nacional das Montañas de Udzungwa, un rancho de montañas boscosas sempre verdes que acadan máis de 2.500 metros. Estuda a ecoloxía dos elefantes nas montañas e arredor delas, co ánimo de entender como os elefantes se moven a través dos diferentes parques e reservas de Tanzania, e como se poden manter estes corredores mentres se reducen os danos nas colleitas causados polos elefantes. Máis extensamente, os elefantes son unhas «especies buque insignia» para a conservación da incrible fauna salvaxe e as paisaxes do sur de Tanzania.

QGIS Udzungwa

QGIS Udzungwa 2

Un agradecemento especial á Fundación do Elefante Africano Servizo de Fauna Salvaxe e Pesca dos EEUU por colaborar con esta formación.

Autor

Nick McWilliam

Nick McWilliam

Este artigo entregouse en marzo do 2012 por Nick McWilliam. Con base no Reino Unido, el estivo visitando Tanzania dende 1996 para traballar con SIX en Parques Nacionais e Reservas Recreativas, cunha énfase na formación, sistemas de baixo custo, e empregando os SIX para axudar na investigación aplicada, xestión e conservación. Tamén contribúe coma voluntario ca NGO MapAction, fornecendo asistencia en SIX a organizacións humanitarias en emerxencias, e previamente traballou coa British Antarctic Survey, Nacións Unidas, Royal Geographical Society, e coma Conferenciante no SIX.