Usando QGIS para mapear áreas importantes para os servizos de biodiversidade e ecosistema (HABEaS).

HABEas — Areas Importantes para os Servizos de Biodiversidade e Ecosistema é un servizo en liña de información xeográfica (WebGIS) que foi creado polo Centro de Ecoloxía Aplicada <http://www.isa.utl.pt/ceabn/content/2/123/homepage>`_ (Instituto Superior de Agronomia, Universidade Técnica de Lisboa), Worldwide Fund for Nature (WWF) e Faunalia.

A finalidade desta plataforma é fornecer acceso libre a unha ampla variedade de datos sobre servizos para a biodiversidade e os ecosistemas da cunca mediterránea que se atopaban espallados a través de varias institucións tanto públicas coma privadas. No presente HABEas WebGIS cobre o Sur de Portugal pero para finais do 2012/comezos do 2013 será expandido ó Norte de Portugal e tamén o Cantón de Tuzla en Bosnia e Herzegovina. No longo prazo queremos ampliar a ferramenta á totalidade da cunca mediterránea.

../../../_images/portugal_lisbon1.jpg

Dado que a finalidade dista ferramenta é o promover o acceso libre e gratuíto a información sobre os servizos de biodiversidade e ecosistemas decidimos usar só software libre e de código aberto, que calquera persoa ou entidade poida usar sen importar a súa localización ou limitacións económicas. A páxina web do HABEaS WebGIS está hospedada nun servidor que usa Debian Linux e foi desenvolta con Drupal CMS. PostgreSQL/PostGIS foi usado para albergar os datos e QGIS foi usado para procesar e analizar os GIS que foron obtidos dende varias institucións. Usamos tanto as ferramentas nativas de QGIS coma tamén as ferramentas de GRASS GIS e SAGA GIS a través do complemento GRASS e a caixa de ferramentas SEXTANTE.

../../../_images/portugal_lisbon2.jpg

A información xeográfica contida en HABEaS tamén foi empregada por WWF para fornecer suporte para a identificación de Bosques de Alto Valor de Conservación (HCVF polas súas siglas en inglés) no Sur de Portugal, o cal é un paso obrigatorio para os terratenentes que desexan que os seus bosques reciban a Certificación do Consello de Bosques (FSC polas súas siglas en inglés).

../../../_images/portugal_lisbon3.jpg

Para determinar os valores de conservación de cada propiedade usamos SEXTANTE Modeller para crear unha secuencia de comandos que intersecte tódalas capas de HABEaS coas fronteiras da propiedade. Usando esa mesma ferramenta fomos tamén capaces de crear unha secuencia de comandos que calcule automáticamente a cantidade de carbono contida actualmente en cada propiedade.

../../../_images/portugal_lisbon4.jpg

Conclusións

QGIS é sinxelo de usar e ten unhas capacidades de xeoproceso moi poderosas. A integración das ferramentas GRASS GIS e SAGA GIS permitíronnos realizar varias análises espaciais complexas e de canalizalas usando SEXTANTE Modeller. Tamén foi moi sinxelo producir mapas de alta calidade co novo Print Composer e exportalos a formato SVG para una posterior edición con Inkscape, que é un poderoso editor de gráficos vectorias de código aberto.

En xeral, a nosa experiencia con QGIS foi moi positiva, o software corre sen problemas e a súa comunidade é moi activa e colaboradora. Os erros reportados son normalmente solucionados pouco despois de ser presentados polos usuarios e os desenvolvedores sempre están dispostos a escoitar as necesidades e suxerencias dos usuarios finais.

Autor

Filipe Dias

Filipe Dias

Filipe Dias é un estudante de doutorado no Centro de Ecoloxía Aplicada (Instituto Superior de Agronomia, Universidade Técnica de Lisboa) e consultor para o Programa Mediterráneo do Fondo Mundial da Natureza (WWF)