QGIS e GRASS en Investigación Bioxeográfica na Península Ibérica

Comecei a aplicar os SIX ó meu traballo en bioxeografía hai arredor de 10 anos. A través das miñas prácticas de posgrao, o traballo de doutoramento e outros dous traballos de investigación, utilicei os paquetes de software propietario que estaban dispoñibles nos lugares de traballo — principalmente CartaLinx, Idrisi, ArcView e ArcGis. Pero atopei bastante molesto o feito de que estiveramos constantemente loitando con temas de renovación de licenzas e que non puidera utilizar o software máis aló do posto de traballo a menos que adquirise a miña propia licenza.

Distribution of Spanish algyroides

Distribución do Algyroides español (Algyroides marchi) en tres escalas espaciais e dende dúas fontes de datos diferentes.

Cruzouse na miña mente en varias ocasións o feito de que mudar a software libre aforraríame estes problemas. Porén, había prexuízos en contra das capacidades de análise o software libre, e incluso despois oín falar do potencial de GRASS, que rexeitaba porque pensei que sería moi difícil de aprender. Estaba asustada de que puidera ser pesado migrar tódolos mapas e análises que fixera anteriormente. Ó inicio do meu post-doutorado en 2008, finalmente deille unha oportunidade e fixen un curso de formación en QGIS e GRASS. Foi probablemente a mellor decisión da miña vida profesional! Atopei que QGIS ofrecía unha interface moi intuitiva para GRASS, que se complementaban un ó outro perfectamente e que ofrecían tódalas capacidades analíticas que precisaba.

Comecei a usar ámbolos programas inmediatamente despois do curso. Non só comecei tódolos meus traballos de SIX con QGIS/GRASS [por exemplo 1, 2], senón que continuei as análises de previos traballos que fixera con software comercial. Por exemplo, construín modelos de distribución de lontra [3] e toupa de río [4] na península ibérica. Despois de mudar cara o QGIS-GRASS, analicei como se comportaban estes modelos cando se baixaba a escala para unha resolución máis fina [5]. Outro traballo previo en relacións bioxeográficas entre o lince ibérico e o coello [6] tivo unha continuación logo de mudar cara o QGIS-GRASS [7]. Non só non tiven problemas coa migración dos datos e resultados previos: atopei, tamén, moito máis doado facer as cousas que eu quería con este novo software, e era capaz de facer análises extra que non podía facer anteriormente cos programas que utilizaba.

Environmental suitability for the Pyrenean desman

Idoneidade ambiental para toupa de río (Galemys pyrenaicus) xunto coa presenza, ausencia e puntos aleatorios no norte de Cataluña.

Conclusión

En definitiva, mudar a QGIS/GRASS non me trouxo máis que vantaxes. Agora podo traballar libremente no despacho, na casa e co portátil de viaxe, sen ter que preocuparme das licenzas do software ou mudar a novas institucións. O software de código aberto cobre tódalas necesidades da miña pescuda e fornéceme a liberdade que desexaba.

Referencias

  • [1] Barbosa A.M., Fontaneto D., Marini L. & Pautasso M. (2010) Is the human population a large-scale indicator of the species richness of ground beetles? Animal Conservation, early view. doi: 10.1111/j.1469-1795.2010.00363.x.

  • [2] Fontaneto D., Barbosa A.M., Pautasso M. & Segers H. (submitted) The “rotiferologist” effect and the drivers of species richness in rotifers.

  • [3] Barbosa, A.M., R. Real, J. Olivero & J.M. Vargas, 2003. Otter (Lutra lutra) distribution modeling at two resolution scales suited to conservation planning in the Iberian Peninsula. Biological Conservation, 114:377-387.

  • [4] Barbosa A.M., Real R. & Vargas J.M. (2009) Transferability of environmental favourability models in geographic space: the case of the Iberian desman (Galemys pyrenaicus) in Portugal and Spain. Ecological Modelling 220: 747-754. doi: 10.1016/j.ecolmodel.2008.12.004

  • [5] Barbosa A.M., Real R. & Vargas J.M. (2010) Use of coarse-resolution models of species” distributions to guide local conservation inferences. Conservation Biology, early vew. doi: 10.1111/j.1523-1739.2010.01517.x

  • [6] Real R., A. M. Barbosa, A. Rodríguez, F. J. García, J. M. Vargas, L. J. Palomo & M. Delibes, 2008. Conservation biogeography of ecologically-interacting species: the case of the Iberian lynx and the European rabbit. Diversity and Distributions, 15: 390–400. doi: 10.1111/j.1472-4642.2008.00546.x.

  • [7] Barbosa, A.M. & Real, R. (in press) Favourable areas for expansion and reintroduction of Iberian lynx accounting for distribution trends and genetic diversity of the European rabbit. Wildlife Biology in Practice.»

Autor

A. Márcia Barbosa

A Márcia Barbosa

Este artigo entregouse en xullo de 2010 por A. Márcia Barbosa. Ela é investigadora post-doutoral no Imperial College de Londres (Reino Unido) e na Universidade de Évora (Portugal).