QGIS no instituto — os espazos verdes urbanos na cidade costeira de Rada Tilly, Provincia de Chubut, Arxentina

Introdución

Na nosa rexión, a Patagonia arxentina, temos moi poucas referencias acerca da aplicación dos SIX no Instituto para a construción de coñecemento xeográfico como un medio para afrontar as incidencias. O caso dos espazos verdes urbanos na cidade costeira de Rada Tilly analizados mediante QGIS, tende a demostrar unha metodoloxía dun exercicio académico que se poden proxectar, con alcances importantes, como instancias formativas relacionadas co razoamento espacial en estudantes de 12º grao da Escola Abraham Lincoln.

Comezamos pola observación (inventario), dixitalizando os bloques catastrais e as áreas verdes (copas das árbores) empregando imaxes de satélite do Google Earth. Como un marco conceptual, demos clases de deseño cartográfico, lectura e interpretación de imaxes de satélite, e especialmente, análise de localización para contrastar a situación (en m2) dos espazos verdes urbanos por habitante na cidade costeira de Rada Villa, con valores suxeridos pola Organización Mundial da Saúde, OMS (un mínimo de 9 m2 de áreas verdes, por persoa en áreas urbanas).

Acerca do proxecto

O obxectivo principal da experiencia foi dar unha clase ós estudantes do 12º grao, na implantación dun SIX coma ferramenta para optimizar e mellorar a xestión da información espacial, e fornecer unha asistencia ó proceso de tomar decisións.

Obxectivos específicos:

  • Asimilación dos estudantes dunha incidencia local (as áreas verdes de Rada Tilly en relación ós 9 m2 por habitante proposta pola OMS) dende unha perspectiva xeográfica a través de ferramentas SIX.

  • Utilización dos SIX como ferramenta técnica para validar a hipótese socio-espacial.

  • Validación da viabilidade da captura, procesamento, almacenamento, análise, recuperación e actualización de datos espaciais empregando un QGIS FOSS.

Metodoloxía

Para crear o proxecto seguimos a seguinte metodoloxía:

  • Lecturas práctica e teórica; principalmente acerca do uso de QGIS e os beneficios dos espazos verdes urbanos e as súas implicacións territoriais.

  • Modelado cartográfico, definición de capas vectoriais, programación de bases de datos SIX.

  • Traballo de campo (rexistros de datos de árbores e localizacións GPS).

  • Dixitalización vectorial de bloques catastrais urbanos e dos doseis das árbores, empregando imaxes Google Earth (GeoEye). Coa finalidade de considerar a cantidade de habitantes por bloque catastral, asignamos un valor medio de 4 habitantes por parcela.

  • Presentación de resultados a través de cartografía temática.

Táboa de atributos da capa vectorial de "bloques"

Táboa de atributos da capa vectorial de «bloques»

Conclusión

Con base na proxección dun valor medio de 4 habitantes por parcela catastral, estimamos que a poboación urbana actual (2010) en Rada Tilly estaría arredor de 9600 habitantes. Esta xente reside en 209 bloques e representan 157,6 hectáreas. A densidade de poboación media sería de 61 habitantes por hectárea.

O total de áreas verdes inventariadas medrou ata 150.736 m2 (15 hectáreas). Razón pola que podemos considerar que a área verde por habitante na área de estudo é de 15.7 m2 (a OMS suxire un valor de 9 m2 de área verde por habitante). Este valor proba unha situación moi favorable, en canto ós beneficios ambientais, que as árbores ofrecen ós habitantes nesta mariñeira cidade da costa.

Táboa de atributos da capa vectorial de "bloques"

Distribución de espazos verdes urbanos (verde) e densidade de poboación por bloques (de branco a marrón) na cidade costeira de Rada Tilly, Provincia de Chubut, Arxentina.

Aínda que o proxecto foi un exercicio académico do instituto, valoramos profundamente os resultados do inventario obtidos mediante QGIS. Os estudantes traballaron con todo o rigor académico e seriedade, que amosa asimilación da temática (espazos verdes urbanos) e tamén da ferramenta (QGIS). Foi unha experiencia moi enriquecedora para eles e tamén para o equipo educativo implicado.

Logo da experiencia do proxecto podemos asegurar que o FOSS QGIS é unha alternativa extremadamente recomendable para a captura, procesamento, almacenamento, análise, recuperación e actualización de datos espaciais, dunha forma rápida e eficiente. Temos tal impresión positiva do software que comezaremos o uso de QGIS nos nosos cursos universitarios, substituíndo o software SIX propietario que viñamos utilizando.

Autores

Este artigo entregouse en setembro de 2011 por Mauro Novara e Alberto Vázquez dende Arxentina.

Táboa de atributos da capa vectorial de "bloques"

Mauro Novara

Mauro Novara é profesor do curso de Sistemas de Información Territorial. Conferenciante e investigador da Universidade Nacional da Patagonia San Juan Bosco, Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais. Departamento de Xeografía. Comodoro, Rivadavia, Provincia de Chubut, Arxentina.

Táboa de atributos da capa vectorial de "bloques"

Alberto Vázquez

Profesor Alberto Vázquez é un asistente de ensino de posgrao do curso de Sistemas de Información Territorial. Universidade Nacional da Patagonia San Juan Bosco, Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais. Departamento de Xeografía. Comodoro, Rivadavia, Provincia de Chubut, Arxentina.